O Concello de Barbadás incorpora esta semana un novo vehículo da Policía Local, o segundo no que vai de 2025

Policía Local de Barbadás en la calle Ensino junto al colegio Filomena Dato en A Valenzá
Policía Local de Barbadás

O Concello de Barbadás incorpora esta mesma semana un novo vehículo á frota da Policía Local, o segundo no que vai de 2025. O pasado abril, os axentes estrearon un todoterreno que lles está permitindo cubrir zonas urbanas, rurais e mesmo de montaña. Na mesma liña, a adquisición do novo vehículo tamén facilitará os desprazamento e as tarefas de vixilancia a pé de rúa dos policías, ademais de contribuír á modernización da xefatura, unha das apostas do goberno local. 

O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, deu conta da chegada do novo vehículo hoxe, durante a celebración do pleno da corporación. O edil respondeu así á moción presentada polo Partido Popular para solicitar melloras na seguridade do municipio. “Esta semana recibiremos o novo vehículo e nestes días tamén se programará o sistema de comunicación dixital, que xa estaba instalado pero daba problemas”, detallou Rey, quen tamén adiantou a incorporación de máis sistemas de comunicación. “Tamén estamos buscando unha nova garaxe para os vehículos da Policía”, avanzou.

Por outra banda, o edil recordou que o Concello de Barbadás espera desde inicios de ano a cobertura da vacante na Policía Local, unha das peticións que o PP incluíu na moción presentada. “Xa se pediu a cobertura á Academia Galega de Seguridade Pública, que é quen ten que cubrir a vacante, só podemos esperar”, insistiu. O goberno local, ademais, está levando a cabo os trámites necesarios para aumentar nunha praza a oferta da RPT da Policía Local, o que suporá a chegada doutro novo axente á xefatura de Barbadás.

Respecto á seguridade cidadá, outro dos temas tratados polo PP na súa moción, o goberno local recordou que non existe un aumento de delitos no municipio segundo os datos da Subdelegación de Goberno. Nese senso, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, mantén xuntanzas e conversas periódicas coa comandancia da Garda Civil e coa Subdelegación. “A situación no noso concello está sempre na liña da baixada rexistrada os últimos anos”, asegurou o rexedor. De feito, na última xunta local de seguridade coñeceuse o descenso do 15% dos delitos graves e leves en Barbadás ao longo de 2024. 

Renuncia no BNG

O pleno incluíu a renuncia de Nuria Feijoo Fernández, concelleira do BNG xunto a Sarín Núñez desde as eleccións de 2023. No seu lugar incorpórase Andrés Soto Sánchez, o número catro da candidatura do BNG nas últimas eleccións municipais.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad