O BNG denuncia o “desmantelamento encuberto” dos talleres de RENFE en Ourense e comprométese a defender os postos de traballo

BNG
BNG

Os representantes do Bloque Nacionalista Galego nas distintas administracións —Luís Seara no Concello de Ourense, Bernardo Varela na Deputación e Iago Tabarés no Parlamento galego— reuníronse este martes cos delegados sindicais dos traballadores de RENFE para analizar a preocupante situación dos talleres ferroviarios da cidade. Este encontro enmárcase nunha rolda de contactos impulsada polo persoal ferroviario para tentar frear o proceso de progresiva desaparición destas instalacións.

Durante a rolda de prensa posterior, Bernardo Varela manifestou con claridade que o BNG «acompañará sen fisuras esta loita en defensa dos talleres de Ourense, dos postos de traballo e do papel estratéxico do sector ferroviario na provincia».

Diego, representante da CXT en RENFE, advertiu que o recente traslado do mantemento das locomotoras da serie 3000 a unha empresa con participación privada vulnera os acordos asinados hai só dous meses co Ministerio de Transportes, RENFE e os sindicatos, nos que se garantían as cargas de traballo durante cinco anos. Este cambio, denunciou, implica «un incumprimento flagrante» e supón ameazar de forma directa 35 empregos en Ourense, reproducindo modelos de deterioración como o vivido en Monforte de Lemos.

O propio Varela cualificou como «intragable» este retroceso e anunciou iniciativas nas institucións nas que o Bloque ten representación para esixir responsabilidades. «Apostamos por un modelo público e galego de ferrocarril, que atenda ás necesidades de mobilidade e industria do país, sen recorrer a subterfuxios societarios que esquiven o control público e a calidade do emprego».

Pola súa parte, Iago Tabarés salientou que o compromiso co transporte ferroviario xa figura no pacto de investidura co PSOE e que se están a dar os primeiros pasos para analizar a viabilidade dunha rede de proximidade en Galicia. Lembrou tamén a proposta impulsada xunto con representantes empresariais para desenvolver un nodo loxístico e ferroviario en San Cibrao das Viñas–Taboadela, con estación de mercadorías, taller de reparacións e servizos auxiliares.

Varela concluíu advertindo: «Ourense non pode ser o novo Monforte. É o momento de actuar con decisión para garantir futuro e dignidade para o noso tecido produtivo».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad