Jácome anuncia que o Concello pechará 2024 cun remanente de 155 millóns de euros

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome

O Concello de Ourense pechará o exercicio económico 2024 cun remanente de tesouraría de 155 millóns de euros. Así o avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante a sesión extraordinaria do pleno do Concello. O rexedor avanzou que o documento de peche do exercicio económico, actualmente en fase de fiscalización por parte da intervención municipal, eleva a 155 millóns de euros o remanente de tesouraría do Concello, que era de 123 millóns en 2023. Esta contía, asegura o alcalde, reflicte a solvencia económica do Concello e permitirá afrontar todos os gastos xa comprometidos e acometer novos investimentos na cidade

Explica o alcalde que durante o ano 2024 “a eficiencia no gasto e na captación de fondos procedentes de transferencias doutras administracións, fan que agora o remanente ascenda a 155 millóns de euros”. Desta contía, uns 100 millóns están comprometidos para diferentes proxectos de gasto e investimentos, e quedará unha contía “de máis de 40 millóns de euros líquidos, dispoñibles e libres de compromisos”, que o Concello de Ourense mobilizará durante os próximos meses.

As cifras do peche de exercicio reflicten “unha solvencia económica moi grande” e evidencian 2 conclusións, a xuízo de Gonzalo Jácome: “en primeiro lugar, que a oposición mentía cando dicía que o Concello estaba en bancarrota. É certo que temos compromisos de pago que hai que afrontar, pero as cifras demostran que o Concello tiña e ten fondos para afrontalos”. En segundo lugar, manifesta o alcalde, esta cifra proba “que hai remanente para realizar novos investimentos na cidade.  De feito, somos o Concello de España con máis superávit e con máis diñeiro na caixa. Non é só que non esteamos en bancarrota, senón que estamos na situación totalmente contraria”, resume.

Subliña o alcalde que desde o Concello “imos mobilizar moitísimo diñeiro, porque os cartos non poden estar no banco. O diñeiro do Concello é diñeiro dos cidadáns e debemos poñelo na rúa, como estamos facendo con cantidade de obras e servizos”.

Así, adianta Gonzalo Jácome que desde o goberno municipal “volveremos levar no mes de agosto ou en setembro varias modificacións de crédito para facer moitísimas obras, que aínda quedan por facer e que son necesarias”. Entre elas, cita actuacións como a mellora da mobilidade vertical coa instalación de escaleiras mecánicas na Rampla de Sás, na rúa Vasco Díaz Tanco (A Cuña), na Praza 200 (na zona da antiga estación de autobuses), na Praza 500 (estrada da Granxa), ou máis de vinte parques infantís, algúns deles cubertos, piscinas de barrio e renovación de contedores de lixo, entre outras actuacións.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad