Natalia González Benéitez, reelixida como secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense

Natalia González Benéitez
Natalia González Benéitez

Natalia González Benéitez, resultou reelixida para continuar co seu labor como secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ourense logo de tres anos á fronte do partido na cidade e nos que os piares fundamentais foron a unidade, a igualdade e escoitar o sentir dunha sociedade en continuo movemento. «En marzo de 2022 comezamos unha nova e ilusionante etapa cuxo gran reto era percorrer as rúas, encher as prazas e loitar contra o esquecemento e a apatía que espertan a desilusión e a desmemoria», afirmou durante a asemblea extraordinaria que tivo lugar esta mañá.

Normalizar e dinamizar o partido, logo de demasiado tempo de enfrontamentos e liortas, foi o eixo transversal que impulsou á Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG na cidade dende o seu comezo. «Aínda a pesar do sufrimento electoral dos comicios vividos a nivel nacional, autonómico e municipal neste período de tempo, a desafección cidadá coa política e a proliferación do populismo e a ultradereita, transformamos o ruído e a división en traballo e cohesión», destacou.

«Apostamos dende o primeiro momento por situar ás mulleres e a xente moza no epicentro da nosa acción e reivindicación política. O lugar que lles correspondía xogando un papel esencial e cun obxectivo definido: conformar o mellor equipo posible sen perder o contacto coa realidade e a sensibilidade social. Porque a sociedade conformámola todos e todas. E escoitar, empatizar e comprender está no ADN do socialismo. Non se entende un PSOE sen o feminismo, a equidade e a forza centrípeta que aporta a ilusión da xuventude», subliñou ante a militancia.

Máis de 250 visitas e reunión con entidades e colectivos, máis de 100 actos e máis de 50 reunións da CEM foi o balance final destes tres anos. «Non hai reto máis bonito, e máis ilusionante, que ser secretaria xeral desta Agrupación Municipal e quero agradecer a todos e todas as que me acompañaron estes anos con xenerosidade e lealdade», destacou durante a súa intervención.

Pola súa banda, o secretario de Organización da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, José Ramón Fernández Morgade, que continuará nesta nova etapa desenvolvendo o mesmo traballo imprescindible para o funcionamento do partido na cidade, agradeceu á secretaria xeral a súa implicación e traballo para que toda a actividade programada ao longo destes 3 anos saíse adiante e enchese as rúas ofrecendo unha alternativa ao baleiro do goberno local en eidos como os dereitos LGBTI, a cultura e identidade galegas ou o feminismo.

Tamén o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense (XSO9, Miguel Gómez, agradeceu á súa homónima no partido a implicación e o apoio á organización moza e valorou a aposta e o respaldo que sempre ofreceu á xente nova que tamén estará representada nesta nova etapa.

Así as cousas, resultaron elixidos e elixidas pola militancia para a Comisión Executiva Municipal (CEM), co 97,2% dos votos emitidos, os e as seguintes:

  1. SECRETARÍA XERAL: Natalia González Beneitez
  2. VICESECRETARÍA XERAL: Xurxo Doval Blanco
  3. SECRETARÍA DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN: José Ramón Fernández Morgade
  4. SECRETARÍA DE IGUALDADE: Margarita Martín Rodríguez
  5. SECRETARÍA DE ACCIÓN ELECTORAL E PORTAVOCÍA: María Fernández Ojea
  6. SECRETARÍA DE POLÍTICA MUNICIPAL: Erica Conde Vázquez
  7. SECRETARÍA DE MOBILIZACIÓN E CASA DO POBO: Rosa Martínez Rodríguez
  8. SECRETARÍA DE POLÍTICA SOCIAL: Bibiana Paz Pereira
  9. SECRETARÍA DE SANIDADE: Amelia Rodríguez Rodríguez
  10. SECRETARÍA DE ECONOMÍA E FACENDA: Antonio Paradela Blanco
  11. SECRETARÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E VIVENDA: Alba Iglesias García
  12. SECRETARÍA DE TERMALISMO E TURISMO: Federico Pérez Mato
  13. SECRETARÍA DE MEDIO AMBIENTE: Celso Nóvoa González
  14. SECRETARÍA DE TRANSPORTE E MOBILIDADE SOSTIBLE: Bautista Rodríguez García
  15. SECRETARÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ: Rosa Rodríguez Tejera
  16. SECRETARÍA DE EDUCACIÓN: Sira Yebra González
  17. SECRETARÍA DE CULTURA E LINGUA: Manuel Freire Cid
  18. SECRETARÍA DE FORMACIÓN: María Teresa Ansias Bacelar
  19. SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN E REDES: Edith Filgueira Rodríguez
  20. SECRETARÍA LGTBI: Bryan Josué Álvarez Lacayo
  21. SECRETARÍA DE DEPORTE: Borja López Trigás
  22. SECRETARÍA DE EMPREGO E ACCIÓN SINDICAL: José Ángel Carreira Martín
  23. SECRETARÍA DE COMERCIO E INDUSTRIA: Rubén Amorín Díaz
  24. SECRETARÍA DE MEMORIA DEMOCRÁTICA: Francisco J. Quintas Ferreño
  25. Sª ADXUNTA POLITICA SOCIAL E IGUALDADE: Ainoa Rodríguez Álvarez
  26. Sª ADXUNTA MEDIO AMBIENTE, TRANSPORTE E MOBILIDADE: Juan A. Rey Pérez
  27. Sª ADXUNTA EDUCACIÓN E FORMACIÓN: Antonio Blanco Rodríguez
  28. Sª ADXUNTA PARTICIPACIÓN CIDADÁ: José Luis Regal Lamelo

Como representantes da Agrupación Municipal para o Comité Nacional (CN), co 82,5% dos votos emitidos:

  1. ALBERTO FERNÁNDEZ
  2. OLALLA MEIRIÑO LÓPEZ
  3. XOSÉ LOIS CARRIÓN GONZÁLEZ
  4. ROSA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ
  5. FEDERICO PÉREZ MATO
  6. MARÍA TERESA ÁNSIAS BACELAR
  7. MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ OJEA
  8. SUSANA BAYO BESTEIRO
  9. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ

E como representantes da Agrupación Municipal para o Comité Provincial (CP), co 98% dos votos emitidos:

  1. JOSÉ RAMON FERNÁNDEZ MORGADE
  2. ALBA IGLESIAS GARCÍA
  3. ELADIO GOMEZ ROSALES
  4. ELENA DE PRADA CREO
  5. CELSO NÓVOA GONZÁLEZ
  6. AINOA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
  7. DAVID VALDERAS DOMARCO
  8. KATIA FERREIRA GOMEZ
  9. JOSÉ LUIS BRAVO MONTERO
  10. AMELIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
  11. ANTONIO PARADELA BLANCO
  12. NOELIA VILA SEIJAS
  13. RUBEN PUGA RAMOS
  14. MARIA JOSÉ REY PÉREZ
  15. CARLOS GUSTAVO HÜTTNER SÁNCHEZ
  16. CRISTINA GONZÁLEZ CID

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad