Sandiás conmemora o 8M cun mes enteiro de actividades pola igualdade

Foto. Pepe Gándara e Pilar Cabrera concelleiros de Cultura e Politica Social
Foto. Pepe Gándara e Pilar Cabrera concelleiros de Cultura e Politica Social

O Concello de Sandiás conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun amplo programa de actividades que se desenvolverá ao longo de todo o mes baixo o obxectivo de sensibilizar, visibilizar e promover unha sociedade máis xusta e igualitaria. Ano tras ano, o consistorio impulsa iniciativas dirixidas a toda a veciñanza, consolidando o seu compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes.

A programación arrincará coa lectura do Manifesto pola Igualdade da FEGAM, centrado no papel das mulleres como xestoras do cambio e axentes fundamentais na transformación social.

Entre as accións formativas destaca o curso “Discapacidade, muller e violencia”, organizado pola Federación Española de Municipios y Provincias a través do Campus de Violencia de Xénero. A actividade desenvolverase entre o 23 de marzo e o 17 de maio de 2026, afondando na análise das múltiples discriminacións que afectan ás mulleres con discapacidade e na necesidade de ofrecer respostas institucionais eficaces.

A creatividade tamén terá un papel protagonista co obradoiro “Estoxos pola Igualdade”, organizado no marco do Pacto de Estado contra la Violencia de Género. A actividade celebrarase o venres 6 de marzo, de 12.30 a 14.30 horas, no Local Social da Casa de Cultura de Sandiás, promovendo a reflexión a través da expresión artística.

No ámbito cultural e familiar, as actividades da Furgoteca Ourense-Sur Occidental incluirán a proposta “Sementar en feminino” e “Poemas coloridos”, unha homenaxe á escritora Rosalía de Castro dirixida a crianzas e familias do Punto de Atención Infantil. Esta sesión terá lugar o 18 de marzo, de 16.30 a 17.30 horas, na Casa de Cultura.

Precisamente no Punto de Atención Infantil de Sandiás desenvolverase tamén a iniciativa “As mamás ensínannos”, na que as nais compartirán cos cativos actividades cotiás do seu día a día, poñendo en valor o traballo e os saberes femininos.

Pola súa banda, o CEIP de Sandiás acollerá durante o mes de marzo a actividade “8M: As nosas Mulleres”, organizada polo CDR O Viso, coa finalidade de recoñecer e visibilizar o papel das mulleres na contorna máis próxima.

Con este conxunto de propostas, o Concello de Sandiás reafirma o seu compromiso coa igualdade e coa construción dun futuro no que a equidade, o respecto e a inclusión sexan piares fundamentais da convivencia.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad