Ribadavia celebra esta fin de semana a 4ª edición da Feira Revive, pioneira en supra reciclaxe e consumo consciente

Feria Revive de Ribadavia
Feria Revive de Ribadavia

Ribadavia agarda este fin de semana a cuarta edición da Feira Revive, pioneira en Galicia na supra reciclaxe e consumo consciente. A Igrexa da Madalena acollerá as súas actividades este 17 e 18 de maio, cun horario ininterrompido de 10.00 a 22.00h.

Nesta ocasión, por vez primeira, a feira desenvolverase dous días, non un como ata o momento; respondendo á boa evolución desta actividade nos últimos anos e ás propias petición de expositores e visitantes, que cada ano se achegan desde diferentes puntos de Galicia para formar parte desta experiencia transformadora. 

A Feira Revive “busca ser un proxecto xerador de conciencia ambiental, promovendo un modelo de vida máis ecolóxico, sustentable e comprometido coa reutilización de recursos”, explica Carolina Atuesta, á fronte da dirección desta Feira. 

Esta edición contará con 30 expositores que presentarán produtos elaborados a partir de materiais reciclados e materias primas recuperadas, desde a artesanía, produtos gastronómicos ou propostas innovadoras de deseño sostible. 

A programación inclúe tamén unha ampla axenda cultural, diversa e para todos os públicos, con obradoiros, charlas, sesión musicais… O sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, terán lugar varias actividades relacionadas coa cultura galega e as propias homenaxeadas este ano, as cantareiras e transmisoras da cultura popular oral galega. Así, na Feira Revive terá lugar unha exposición de arte a cargo de A Curuxa Tola (11.00h), a actuación das Pandereteiras da Istoria (12.30h), e obradoiros como o de construción dun pandeiro vegano (17.00h) a cargo de Troula e a reciclaxe de bonecas Abayomis (18.30h) con MoiNosas. Ademais, o día pecharase cunha sesión do DJ Chemigal (19.30h), que pinchará únicamente temas de artistas galegos. 

O domingo 18, as actividades arrancarán cun encontro de debuxo con modelo vivo (12.00h), coa propia Carolina Atuesta; unha proposta que xa é un clásico da feira e que convida a artistas e familias a crear xuntas. Ademais, haberá unha charla sobre autopublicación con Evelio Traba (13.00h), un Obradoiro de papel reciclado con Fabiana Marques (18.00h) e outra sesión musical de peche, desta vez, co DJ Ori Darko (20.00h).

A oferta gastronómica é outro dos atrativos da feira, con opción saudables, vexetarianas, crudiveganas, café ecolóxico e produtos do país, facendo da Feira Revive unha experiencia completa para o corpo e o espírito. 

Este evento, organizado polo Concello de Ribadavia e coa colaboración doutras entidades, consolídase como unha ferramenta para a promoción da capital do Ribeiro como un exemplo de turismo consciente ao tempo que se promove un estilo de vida respectuoso co medio ambiente. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad