O III Encontro Burla Verde pola defensa da Terra chega a Ourense 

Encontro Burla Verde
Encontro Burla Verde

O III Encontro Burla Verde pola Defensa da Terra celebrarase o vindeiro 27 de setembro en Vilanova dos Infantes (Celanova, Ourense), reunindo a persoas e colectivos de todo o país que loitan pola defensa da vida, da biodiversidade e do territorio.

O Burla Verde é un espazo de encontro, aprendizaxe e celebración que combina palestras, obradoiros, música, xogos tradicionais e actividades comunitarias có obxectivo de visibilizar as loitas en defensa da terra e ofrecer alternativas ao modelo extrativista, opresor e saqueador que ameaza o rural galego.

Nesta edición, as palestras e mesas de debate abordarán temas como o impacto no territorio, a perda de biodiversidade e a necesidade de economías alternativas, facendo fincapé nas causas estruturais dos incendios forestais que cada verán devastan o país. Ademais de obradoiros participativos como “Sementes de liberdade”, “Ioga na natureza”, “Reciclaxe de roupa” ou “Biodanza”, tamén haberá espazos poético-sonoros, teatro, títeres, contacontos, xogos tradicionais e actividades específicas para crianzas, convertindo Vilanova dos Infantes nunha vila chea de vida e propostas para tódalas idades.

O encontro contará cun mercado de artesanía e produtos ecolóxicos, así como con espazos de convivencia e alimentación sostible a cargo dos colectivos participantes. A música será outra protagonista da xornada, con concertos de Kreze, Galician, Luis Kaf e o ritual de peche a cargo de Nemeton Performances.

A traxedia dos lumes, que este verán arrasaron milleiros de hectáreas e golpearon con forza as comarcas ourensás, estará moi presente no encontro. Dende o Burla Verde denúnciase que non se trata de casualidade, senón de causalidade, froito dun modelo económico que prioriza os intereses das grandes corporacións fronte á vida do rural e da natureza. “A loita contra os lumes é tamén a loita pola biodiversidade, pola auga, polas aldeas vivas e libres de especulación”, sinala a organización.

O evento é posible grazas ao traballo voluntario de ducias de persoas e colectivos que, como un micelio invisible baixo a terra, suman esforzos e ilusións para facer medrar este espazo común. A organización quere agradecer tanto a quen se achega a participar como a quen, dende outros espazos, continúa a loitar por causas irmás.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad