Eladio Santos destaca en Barbadás a importancia de protexer á xuventude fronte aos perigos de internet

Visita de Eladio Santos
Visita de Eladio Santos

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, subliñou hoxe en Barbadás o compromiso do Goberno de España coa formación dixital «para protexer á xuventude dos perigos das redes». Fíxoo durante unha visita a un dos campamentos dixitais que imparte a Fundación Cibervoluntarios, en colaboración co Concello, grazas ao programa impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia. Estivo acompañado polo alcalde do municipio, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e a concelleira de Deportes e Xuventude, Noemí Pintos.

Na súa visita durante o primeiro día deste campamento no que se forman rapaces e rapazas de 9 a 17 anos, Eladio Santos destacou que é «imprescindible» ter coñecementos de internet desde idades temperás para que a xuventude sexa consciente dos problemas que enfronta ao acceder a unha pantalla. «Trátase dunha iniciativa pensada para achegar ás novas xeracións ferramentas que lles permitan moverse con seguridade no entorno dixital»,detallou.

En concreto, indicou, o Programa Campamentos Dixitais tivo 49 actividades con 698 estudantes apuntados na provincia de Ourense, onde xa se expediron 588 certificados (219 en concellos de menos de 5.000 habitantes). Ademais, aínda hai 11 actividades xestionadas e pendentes de realizar na provincia, con 176 alumnos e alumnas. Outros dos municipios nos que se realizou a iniciativa foron Xinzo de Limia, San Cristovo de Cea, Celanova, O Carballiño, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives, Xunqueira de Ambía, Maceda, Oímbra, Coles, Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Vilamarín, Cartelle, A Rúa ou Bande.

Nesta liña, o subdelegado advertiu que internet ofrece «grandes oportunidades, pero tamén riscos». «Por iso, é esencial dotar ás e aos máis novos de coñecementos para previr perigos nas redes sociais, identificar noticias falsas e frear calquera forma de discurso de odio na rede«, sinalou.

Así, Eladio Santos agradeceu a súa labor á Fundación Cibervoluntarios por realizar campamentos como o de Barbadás por toda a provincia de Ourense. «Organizacións como esta fan que a transformación dixital sexa tamén unha transformación social, máis xusta e inclusiva», remarcou. Tamén salientou o esforzo do Concello en materia de educación por colaborar sempre con outras administracións para que os mozos e mozas do municipio teñan a mellor formación complementaria posible.

O Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, que promove estes campamentos, está dotado con 220 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Con el, o Ministerio de Xuventude e Infancia forma en toda España a 950.000 menores. Os Campamentos Dixitais, que se promoven con estas partidas, responden á necesidade de que a infancia e a mocidade conten con ferramentas adecuadas para desenvolverse nunha contorna cada vez máis dixitalizada. O obxectivo é formar no uso seguro e responsable da tecnoloxía, potenciar o talento dixital e fomentar o pensamento crítico entre os máis novos, con especial atención a aqueles en situación de maior vulnerabilidade dixital, ao ser estas actividades completamente gratuítas para as e os usuarios.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad