
El Partido Popular de Ribadavia responde al PSdeG-PSOE, que acusa al alcalde de imponer “taxazos” y subir recibos. El PP defiende la gestión municipal y critica la demagogia política.
Comunicado del Partido Popular de Ribadavia
1. A taxa do pavillón é anual e leva dezaoito anos sen actualizarse. A última modificación deste epígrafe da ordenanza data de 2008. O incremento previsto do 50% aplicaríase en xaneiro de 2026, co obxectivo de achegar o servizo aos estándares de autofinanciación recomendados pola Lei de Bases de Réxime Local (40%-60%), tras anos de conxelación de prezos.
Hai que recordar tamén que a taxa é anual, de tal feito que o prezo segue a ser moi asequible. Estamos a falar de que unha família de Ribadavia pasará a pagar 150 euros ao ano que lle dan dereito ao uso da instalación a todos os membros da unidade familiar. O incremento para unha familia sería de 4,16 € ao mes (50 € ano), que si dividimos entre unha unidade familiar de 3 membros, serían 1,30 € máis ao mes. Se falamos dun mozo ou moza residente en Ribadavia, serían 2,33€ máis ao mes, é dicir, 28 € ao ano.
2. O servizo mellorará notablemente coa remodelación do CDM O Consello.
As obras transforman o pavillón nun espazo deportivo moderno, accesible e multifuncional, que permitirá implantar novos servizos e actividades que antes non se podían ofrecer e mellorar a calidade da práctica deportiva en Ribadavia e na comarca.
3. Ribadavia está en récord histórico de abonados.
A día de hoxe o CDM O Consello supera os 1.100 abonados activos, o máximo rexistrado nunca no Servizo Municipal de Deportes, o que demostra o crecemento e dinamismo da práctica deportiva local.
4. Sobre a suposta perda de poboación:
Resulta sorprendente que o PSOE critique agora que se baixara de 5.000 habitantes, cando esa baixada produciuse en xaneiro de 2023, gobernando o propio grupo socialista en coalición con Ribeiro en Común. Polo tanto, é patético que intenten atribuir ese descenso ao actual equipo de goberno.
5. En canto á piscina municipal:
Todos os usuarios que solicitaron a devolución pola parte proporcional do abono polos días de peche recibiron o seu reintegro, seguindo exactamente o mesmo procedemento que aplicou o goberno socialista cando en 2022, ademáis de ter que pechar a piscina, mantiveron ao concello semanas sen auga, desoíndo informes técnicos que xa advertían do problema.
Desde o goberno municipal de Ribadavia seguiremos traballando con seriedade e planificación, baseando cada decisión en informes técnicos e criterios de eficiencia, e non en titulares oportunistas. A prioridade segue sendo mellorar os servizos públicos, modernizar as instalacións e proporcionar máis e mellor oferta deportiva á cidadanía.