Denuncian cambios no circuíto de fluxo de pacientes na área cirúrxica do CHUO

Chuo de Ourense
Chuo de Ourense

A federación de Saúde da CIG remitiulle un escrito á Inspección de Servizos Sanitarios do Sergas para que investigue se a modificación do circuíto de fluxo de pacientes na área cirúrxica do primeiro andar do Edificio Cirúrxico, área destinada a cirurxía maior ambulatoria (CMA) e partos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), cumpre coa normativa e cos requisitos técnicos obrigatorios. Dende a central sindical alertan que esta medida pode supoñer riscos para a seguridade tanto de pacientes como do persoal sanitario.

A CIG-Saúde lembra que até o pasado 28 de xullo a citada zona cirúrxica era emprega só para actividade cirúrxica de CMA e que os circuítos de entrada e saída establecían que as persoas doentes accedían a quirófano polo corredor/zona de limpa e saían de quirófano polo corredor /zona de sucia, trasladándose á zona de espertar de quirófano sen pasar pola zona de preparación das persoas doentes cirúrxicas.

Mais a partir desta data iniciouse actividade asistencial de partos compartida coa CMA, cambiando por completo os circuítos das doentes e modificando os fluxos da área. Actualmente, as mulleres trasladadas dende urxencias xinecolóxicas ou dende a planta de hospitalización que acoden á zona de paridoiro teñen que acceder polo corredor/zona sucia de quirófano, vaian ou non a quirófano para realizar algunha técnica. Unha vez que acceden á zona de paridoiro saen cara a unidade de hospitalización de novo polo corredor/zona sucia de quirófano, o mesmo espazo polo que se desprazan as pacientes que saen das intervencións cirúrxicas programadas na CMA, xa que a unidade conta con dous quirófanos reservados para partos/cesáreas e outros dous reservados para a programación cirúrxica da CMA.

No corredor/zona sucia atópanse os residuos xerados nas intervencións cirúrxicas, sendo tamén o acceso ao espazo habilitado para a limpeza do material tras as cirurxías. É ademais o espazo no que está a zona de residuos, xa que o lugar habilitado para residuos actualmente está destinado como almacén para a área de paridoiro. Neste  corredor /zona de sucia cirúrxica hai un estante aberto con material estéril empregado para os quirófanos de partos ou cesáreas.

Ao mesmo tempo, as doentes que acoden a intervencións cirúrxicas programadas en CMA tamén ven alterado o seu circuíto , xa que unha vez que saen do quirófano polo corredor /zona de sucia cara a zona de vixilancia post cirúrxica teñen que acceder a esta pola sala na que se está realizando as doentes a preparación pre cirúrxica.

Tamén foi modificada a zona de vestiarios para as doentes da CMA, e actualmente estase empregando unha sala para cambiar as doentes que se emprega como almacenaxe de comida que para as doentes post cirúrxica. Ademais de ter almacenada roupa para estas doentes. 

Nesta modificación dos circuítos non participou o Servizo de Medicina Preventiva do CHUO, tal e como recoñeceron o pasado 31 de xullo do 2025. Dende preventiva aseguran que se lles entregou un documento que “entenden” que resume as modificacións dos circuítos obstétricos ao que esta organización sindical non tivo acceso.

“Consideramos que non se está realizando unha axeitada separación de fluxos de limpo e sucio, e que a circulación das doentes foi modificada sen autorización ou validación de Preventiva, polo que podería incumprir a normativa vixente en materia de organización do bloque cirúrxico e seguridade dos pacientes”.

Unha modificación que na central sindical entenden que pode supoñer un risco para a seguridade das doentes e do persoal sanitario, “vulnerando as boas prácticas e as recomendacións sobre prevención de infeccións e mantemento de circuítos diferenciados no bloque cirúrxico”.

Polo que instan a Inspección de Servizos Sanitarios a iniciar inicie investigación sobre a modificación do circuíto de fluxo de pacientes para verificar se cumpre coa normativa e cos requisitos técnicos obrigatorios. “No caso de detectarse incumprimentos esiximos que se adopten as medidas correctoras necesarias para garantir a seguridade e a legalidade do procedemento”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad