
A biblioteca pública Nós acolle desde esta tarde unha exposición cunha escolma dos mellores traballos realizados polos alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense ao longo do presente curso.
Son, en total, máis de 70 traballos que representan as diferentes disciplinas que se imparten na escola e que van de debuxo e pintura a talla en madeira, pasando por oleiría e modelado en barro, onde reciben formación máis de douscentos alumnos.
A exposición, que leva por título xenérico » 133″ por ser os anos de vida da escola, poderá visitarse na biblioteca pública entre o 20 de maio e o 19 de xuño do ano en curso.
Como novidade, na exposición deste ano da escola de artes e oficios inclúe na súa selección varios instrumentos tradicionais elaborados no Obradoiro de instrumentos da propia Deputación de Ourense.