Comunicado Xosé Carlos Válcarcel, alcalde de Barbadás, tras una denuncia por acoso laboral

Xosé Carlos Válcarcel
Xosé Carlos Válcarcel

El alcalde socialista Xosé Carlos Válcarcel anuncia que no dimitirá a pesar de la presión de Besteiro; en el comunicado emitido esta tarde niega «radicalmente» los hechos de los que se le acusaría en una denuncia que dice no haber recibido.

Comunicado de Xosé Carlos Válcarcel

Empezo relatando a secuencia de ocorrido hoxe, porque me parece relevante:

1. Onte pola noite recibín unha chamada do secretario xeral de Ourense, Álvaro Vila, na que me dixo, de forma imprecisa e ambigua, que unha militante tiña presentado unha denuncia contra min por un presunto delito de acoso, sen máis.

2. Hoxe, por boca do secretario xeral de Galicia, nunha rolda de prensa, souben que a denuncia se presentara precisamente onte mesmo.

3. Antes diso, cando me dirixía esta mañá a unha reunión da FEGAMP en Santiago, recibo a chamada dun xornalista, que me traslada o mesmo: que alguén lle filtrara que había unha denuncia presentada contra min por acoso…, pero el engade unha información nova para min: que se trataba dunha denuncia por acoso laboral. Mentres, a min, o secretario xeral de Ourense seguía sen darme explicación algunha.

4. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, pide a miña dimisión nunha rolda de prensa, nun extraño exercicio de sincronización entre a denuncia, a filtración á prensa e a petición de dimisión, sen ter eu coñecemento verbal nin por escrito da denuncia, nin por suposto terme escoitado.

5. Dito isto, se Besteiro pretende que dimita por él, non o vou facer. Se o que quere é extender unha dúbida de sospeita sobre quenes lle esiximos responsabilidades, coido que se equivoca tamén. Eu asumirei as miñas sen vacilar se me vira no caso de ter que facelo pero, insisto, este non é o caso. E dende logo, non vou ser eu quen asuma as súas. Mentres anto, sigo esixíndolle as mesmas responsabilidades que lle esixín cando firmei o manifesto, no que me reafirmo, agora máis se cabe.

6. Coido que pretende tapar os seus problemas e a súa nefasta xestión no caso de acoso sexual denunciado nos últimos días cunha estratexia de tinta de calamar.
E agora paso a explicarme sobre o caso concreto.

7. Antes de nada quero deixar claro que é absolutamente falso que eu sexa un acosador laboral. Négoo radical e tallantemente; e por suposto tampouco un acosador de ningunha outra índole, como creo que torticeiramente se pretendía dar a entender coa filtración desta denuncia precisamente agora, no contexto no que nos atopamos.

8. De existir a denuncia, pois non teño coñecemento detallado da mesma, quero afrontala en primeira persoa, dando a cara, sen subterfuxios, e dando todas as explicacións, pero antes teño que coñecela. Por iso, pedín a baixa no meu partido de toda a vida, con enorme dor.

9. Esta tarde, por fin, estiven reunido co secretario xeral de Ourense para pedirlle o traslado da denuncia, que siguen sen facilitarme.

10. En calquera caso, a partir de agora vou a ser, como acostumo, absolutamente transparente conforme vaia coñecendo o contido da denuncia, xa que ata o de agora só a coñezo de maneira parcial.

11. Unha vez teña máis información, seguirei trasladándoa con toda a transparencia coa que actúo sempre, que é exactamente a que reclamei á dirección galega do meu partido no manifesto que asinei a semana pasada.

12. Sospeito, polo que dixo o propio Gómez Besteiro hoxe e me deu a entender Álvaro Vila, que todo esto pode ter que ver cun caso de acoso sexual que, desgraciadamente, si vivimos no noso Concello fai máis dun ano, sufrido por unha concelleira por parte de outro concelleiro. Naquela ocasión, tras ter coñecemento da situación, reuninme coa afectada, á que lle din total credibilidade, e co acusado, ao que lle esixín a dimisión e a entrega da acta. Así o fixo.

13. A compañeira concelleira sigue sendo hoxe concelleira con adicación exclusiva.

14. Coido que Besteiro, en vez de pedir a miña dimisión, debería obrar do mesmo xeito que eu daquela, con firmeza e rapidez. En apenas unha semana, o concelleiro foi afastado do goberno e de todos os órganos de goberno e, Besteiro, no caso de Lugo, tardou dous meses en actuar e o presunto acosador segue sendo deputado provincial e alcalde de Monforte.

15. Esa é a gran diferenza entre quen actúa con integridade e quen maniobra maquiavélicamente para ocultar a súa propia neglixencia. E faino sen importarlle os danos colaterais e as consecuencias, tamén persoais, que os seus actos conlevan.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad