Comunicado del Grupo Municipal Socialista del Concello de Ourense sobre la Plaza de Abastos

La Plaza de Abastos de Ourense
La Plaza de Abastos de Ourense

O grupo municipal socialista do Concello de Ourense quere expresar o seu máximo apoio ás familias, ás praceiras e aos praceiros que nestes días están vivindo unha situación de incerteza absolutamente inxusta. O noso compromiso é firme: traballar para unha saída razoable, acordada e inmediata que permita desaloxar a Alameda, avanzar no traslado temporal e abrir de novo a Praza de Abastos devolvéndoa á actividade comercial que Ourense necesita.

Toda a cidade é consciente de que existe vontade das partes para avanzar: hai coincidencia política, hai coincidencia social e hai disposición de fondos por parte da Xunta, da Deputación e dos propios praceiros. Agora é imprescindible pechar e formalizar o compromiso económico e administrativo entre todas as institucións implicadas para garantir a viabilidade do proxecto e a súa continuidade no tempo.

Neste contexto, é evidente que Ourense non pode permanecer máis tempo bloqueado. A cidade leva anos á espera de recuperar un dos seus espazos máis emblemáticos, e resulta fundamental evitar decisións ou movementos que poidan atrasar ou comprometer un proceso no que tantas persoas teñen depositadas as súas esperanzas e o seu traballo.

Dende o grupo municipal socialista queremos deixar claro que o noso único obxectivo é que Ourense avance, protexendo o emprego de máis de 200 familias e asegurando a recuperación inmediata dun espazo comercial e social fundamental. A cidade necesita estabilidade, cooperación institucional e responsabilidade, e non máis incertezas nin confrontacións estériles.

Por iso, reiteramos a nosa disposición absoluta ao diálogo e á colaboración co resto das forzas políticas e co conxunto das administracións. PP, PSdeG, BNG e DO temos a capacidade —e o deber— de contribuír a unha solución seria, pactada e viable. O prioritario é garantir os acordos necesarios para que a Praza de Abastos poida reabrir e a Alameda recupere o seu uso público con todas as garantías.

Ourense merece avanzar e recuperar xa a súa Praza de Abastos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad