A Deputación de Ourense pon en valor ás deportistas ourensás coa iniciativa “Nena e Deporte”

Diputación y Centro Cultural Marcos Valcárcel
Diputación y Centro Cultural Marcos Valcárcel

O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou esta tarde o evento «Nena e Deporte. De nenas a referentes ourensás», no que foron protagonistas seis destacadas deportistas da provincia de Ourense: Pino Díaz, Zulema González, Vane Sotelo, Uxía Boimorto, Marta Míguez e Aroa Muñoz, invitadas como figuras destacadas do deporte feminino para que sirvan de exemplo ás vindeiras xeracións de deportistas.

O presidente provincial, Luis Menor, agradeceu a estas seis «mulleres inspiradoras» a súa participación nun evento, dixo, pensado para animar a futuras deportistas de competicións de alto nivel e que leven o nome de Ourense polo mundo».

Ademais, Menor anunciou que este evento se enmarca noutras accións dentro da estratexia provincial de fomento da igualdade máis aló do 8M, así como do impulso á práctica deportiva como parte fundamental da sociedade ourensá.

Figuras destacadas do deporte ourensán

Vane Sotelo é xogadora española de fútbol sala. Estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014, 2015 e 2020. Sobre a iniciativa «Nena e Deporte» destaca que «é unha gran oportunidade para visibilizar o papel da muller no ámbito deportivo, recoñecer o esforzo e talento de moitas profesionais, e seguir avanzando cara a unha igualdade real en todos os niveis do deporte. É un evento inspirador e necesario».

Zulema González é árbitra de fútbol da Primeira División Iberdrola Feminina e foi árbitra internacional . Destaca que esta iniciativa «é unha acción marabillosa para achegar as traxectorias de moitas mulleres que nos dedicamos ao deporte ao resto da sociedade e concienciar de todos os esforzos e sacrificios das mulleres deportistas e á súa vez recompensas persoais a nivel satisfacción e resultados nalgúns casos».

Marta Míguez foi lanzadora de xavelina olímpica e recordwoman española absoluta entre 1999 e 2002. A súa mellor marca persoal (59,43m, acadada en 2002) é aínda o récord galego da especialidade. Sobre «Nena e Deporte», valora a súa importancia por «visibilizar e recoñecer o esforzo, o talento e a dedicación das nenas e mulleres no ámbito deportivo é clave para fomentar a igualdade e seguir rompendo barreiras. Este tipo de eventos non só celebra os seus logros, senón que tamén inspira a futuras xeracións a perseguir os seus soños no deporte con confianza e orgullo. Sen dúbida, unha gran iniciativa que merece todo o apoio».

Pino Diaz foi unha das grandes ximnastas españolas durante a primeira metade dos anos 80. «Esta iniciativa, se logo se complementa con outras accións en materia de xestión deportiva, paréceme moi positiva. A importancia radica en mudar os hábitos da xente e fomentar a práctica deportiva, e aí hai que saber estimular á xente para que fagan deporte, sobre todo destinando recursos humanos profesionales que saiban cambiar estruturas e hábitos deportivos».

Aroa Muñoz: Fisioterapeuta colaboradora da Federación Española de Atletismo. Medallista autonómica no 400m. Sobre Nena e Deporte, recalca que «a iniciativa fíxome moita ilusión, apoiar a igualdade no deporte e incentivar a nenas de todos as idades a realizar calquera tipo de deporte, é sempre moi importante. E non só para as nenas, se non para todos aqueles maiores que as rodean cada día e son o seu exemplo máis próximo, esta iniciativa tamén é un apoio para eles.

Uxía Boimorto: Árbitra ourensá de fútbol que se atopa na primeira futgal e é a única muller nesta categoría do fútbol provincial. Recalca que «Nena e Deporte», considera que «é unha excelente iniciativa para motivar ás mozas deportistas a perseguir os seus obxectivos, e para darlle visibilidade e continuar promovendo a igualdade de oportunidades no ámbito deportivo».

O evento foi conducido pola actriz e educadora social Candela López, no que actuou de entrevistador Alfredo Sáez Ibáñez

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad