A CIG denuncia o que considera unha tomadura de pelo da dirección de Sociedad Textil Lonia a horas da folga do 14 e 15 de xaneiro

Lonía Textil
Lonía Textil

Comunicado de la CIG

A CIG denuncia a tomadura de pelo da dirección de Sociedad Textil Lonia a escasas horas da convocatoria de folga (14 e 15 de xaneiro).

Valora negativamente as reunións mantidas no día de onte e de hoxe coa dirección de Sociedad Textil Lonia no marco da negociación dun pacto de mellora por encima de convenio. Unhas xuntanzas que confirman, unha vez máis, a absoluta falta de vontade da empresa para avanzar cara a unhas condicións laborais dignas para o conxunto do persoal.

Cómpre lembrar que a propia empresa fixo público un comunicado á plantilla o pasado 8 de xaneiro no que manifestaba abertamente que” non ten a obriga de negociar”, unha declaración absolutamente intolerable que evidencia o desprezo da dirección polo dereito á negociación colectiva e polo diálogo social.

A isto súmase un novo comunicado empresarial no que a dirección ameaza con “tomar cantas accións ou medidas considere necesarias” ante a actual convocatoria de folga. Desde a CIG denunciamos estas declaracións como unha clara estratexia de intimidación ao persoal, que pretende coaccionar o exercicio dun dereito fundamental como é o dereito á folga.

Na reunión de onte, a dirección presentou unha suposta “mellora” da súa proposta económica que non deixa de ser un insulto ás persoas traballadoras:

Primeiro quinquenio: 1% (cando antes ofrecían un ridículo 0,8%).
Segundo quinquenio: 1,2% (fronte ao 1% anterior).
Terceiro quinquenio: mantense no 1,5%.
Cuarto quinquenio: mantense no 2,5%.
Quinto quinquenio: un día máis de vacacións, exclusivamente para persoal de oficinas.
Unha proposta miserable, que non compensa nin de lonxe a perda de poder adquisitivo nin o esforzo realizado polo persoal ao longo dos anos.

Na xuntanza de hoxe, despois de máis de catro horas de negociación, a empresa apenas se moveu: ofreceu un 2,7% para o persoal con cuarto e quinto quinquenio, é dicir, só un 0,2% máis. Un incremento absolutamente ridículo e que só afecta a 112 persoas.
Esta proposta supón para a empresa un custo aproximado de 8.000 euros mensuais, unha cifra vergoñenta se temos en conta que o custo mensual de fabricación supera o millón setenta e catro mil euros (1.074.000 € ao mes). Queda claro que a dirección prefire engordar beneficios antes que repartir riqueza entre quen a xera co seu traballo diario.

Valoración da CIG

Desde a CIG consideramos que as posicións seguen moi afastadas e que a empresa continúa instalada na prepotencia e no inmobilismo. A dirección négase a escoitar o profundo malestar existente entre as traballadoras e traballadores, que levan anos soportando precariedade, sobrecarga de traballo e perda de poder adquisitivo.

Por iso, desde a CIG aconsellamos á empresa a cambiar radicalmente de actitude, abandonar as ameazas e a soberbia, e sentarse a negociar con seriedade, escoitando de verdade o sentir do persoal, que é quen sostén a produción e os beneficios da compañía.
Ante esta situación, desde a parte social acordamos trasladar unha contraproposta económica seria, responsable e pensada para facilitar un acordo, sen que repercuta negativamente nin para as persoas traballadoras nin para a propia empresa, pero garantindo que o resultado sexa un acordo digno e non unha esmola. Esta contraproposta baséase nun plus de vinculación:

De 0 a 5 anos: 2,7%
1 quinquenio: 4%
2 quinquenios: 4,5%
3 quinquenios: 5,5%
4 quinquenios: 6%
5 quinquenios: 7%

Trátase dunha proposta perfectamente asumible para unha empresa con importantes beneficios, que busca recoñecer de maneira real a antigüidade e o compromiso do persoal, apostando pola estabilidade e pola xustiza salarial.
Advertimos con total claridade: se a empresa non dá unha resposta positiva a esta contraproposta, a manterase a folla de ruta marcada, que inclúe a folga os días 14 e 15 de xaneiro dedicida en asemblea polas traballadoras e traballadores  a pasada xornada de folga do 5 de xaneiro.

Ou hai un cambio real na negociación ou seguirá o conflito. A empresa é a única responsable da situación á que nos está levando. A mellora das condicións laborais é necesaria e urxente en STL

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad