Incidencias y chapuzas en las obras del AVE a su paso por Seixalbo

Obras del AVE en Seixalbo

Nota de prensa enviada por la Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo sobre varias incidencias y chapuzas en las obras del AVE en Seixalbo.

Como é ben sabido, estanse a realizar as obras de execución da Liña de ALTA VELOCIDADE ESPAÑOLA (AVE) nos tramos iniciais da Variante Exterior, (Tramo TUNEL DE RANTE-CONEXIÓN SEIXALBO e Tramo SEIXALBO-SEIXALBO) neste caso con afección directa ao pobo de Seixalbo, con gran incidencia nas propiedades particulares (fincas, vivendas e outras instalacións) así como en outros bens de titularidade pública (rede de camiños, abastecementos de auga, rede de saneamento e rios e regatos).

Somos conscientes que as referidas obras deben crear, inevitablemente, molestias aos veciños, veciñas e residentes na nosa localidade. Non obstante, tamén consideramos imprescindible que por parte das empresas construtoras que operan, así como o propio promotor (ADIF), se tomen as medidas precisas para minimizar este impacto.

A realización de escavacións e picado do substrato pétreo en horario nocturno, así como a utilización de explosivos durante meses, ademais do movemento de camións e maquinaria cos ruídos propio das motorizacións e os propios sinais acústicos de seguridade dos mesmos ata altas horas da madrugada está a provocar un insoportable peaxe que altera a vida normal das persoas e animais dun xeito desproporcionado. As actividades fora dos horarios laborais normais debería ser a excepción, e non a norma durante meses, como está a suceder.

Ademais destas graves molestias, estanse a producir danos no patrimonio tanto privado como público. Existen danos xa constatados en vivendas, con aparición de grietas, así como nos accesos ás fincas agrícolas e vivendas particulares, moitas veces impracticables ou, en moitos casos, cunha alteración do afirmado e bacheado de vías de gran uso, como é o caso da Rúa da Vela, con acceso diario para os inmobles da zona e do transporte escolar para o Colexio Público CEIP de Seixalbo, que está completamente destrozada polo paso de maquinaria de alta tonelaxe. Significativo neste caso a zanxa orixinada para a colocación do tubo de paso soterrado do Regato de Amendo (Regato de Seixalbo) que leva sen reparar desde o mesmo día da colocación do caño, incluída a tubería de auga potable domiciliaria, cortada desde entón.

Queremos destacar precisamente a anomalía técnica (ou incompetencia profesional) na colocación deste paso soterrado que, ademais de estar ubicado nunha cota sensiblemente superior ao cauce natural do río (máis de metro e medio) o último tramo de desaugue (precisamente o que discorre baixo a Rúa da Vela) presenta unha sorprendente elevación na parte final, con efecto «tobogán», o que provocará problemas de estancamento nas épocas de estiaxe.

Debemos indicar tamén que esta elevación artificial da cota do Regato de Amendo, ignoramos si con permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, provocará a elevación da capa freática e, polo tanto, posibles asolagamentos das propiedades da contorna e afectar incluso ao depósito soterrado de captación de augas sito ao pé da intersección da Rúa da Vela coa OU-105 que nutre de auga as fontes da Praza do Cabildo e da Praza Maior de Seixalbo.

Por todo o exposto, SOLICITAMOS

Que por afectar estas obras tamén ao dominio público de titularidade municipal, así como a propia defensa do interese xeral dos veciños e veciños de Seixalbo, polo tanto, de Ourense, se faga unha inspección e seguimento por parte de técnicos municipaisdas referidas obras, co obxecto de preservar o patrimonio municipal e os servizos públicos e a defensa do interese xeral, ofrecendo a nosa colaboración no que fose necesario.

Galería de fotos:

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad