A Xunta de Galicia publicará nas vindeiras semanas unha nova orde de axudas a entidades sociais cun orzamento de 7,2 millóns de euros

Caritas de Ourense

A Xunta de Galicia publicará nas vindeiras semanas unha nova orde de axudas a entidades sociais cun orzamento de 7,2 millóns de euros que reforzará o financiamento de servizos como comedores sociais, albergues e centros de acollida ou centros de reparto de alimentos, entre outros. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, realizou este anuncio durante unha vista ao comedor social de Cáritas en Ourense, no que se serven arredor de 350 racións diarias ás persoas e familias que máis o necesitan.

Fabiola García explicou que esta nova liña de axudas contribuirá a que as distintas entidades que desenvolven a súa actividade no ámbito social, como é o caso de Cáritas Ourense, continúen adiante cos seus programas e iniciativas. Ao respecto, indicou que o obxectivo “é axudar a quen máis está axudando ás persoas que atravesan dificultades”, xa que son as entidades “as que mellor coñecen cales son as necesidades destas persoas e familias”, engadiu.

A conselleira sinalou que o Goberno galego seguirá a traballar da man das entidades sociais poñendo a súa disposición os recursos necesarios para que poidan continuar coa atención aos colectivos que máis o precisan. Así mesmo, lembrou as medidas da Xunta para combater a exclusión como a Renda de inclusión social de Galicia (Risga), que na actualidade beneficia a 6700 persoas; as Axudas de Inclusión Social (AIS) para gastos extraordinarios e urxentes, que reciben unhas 3000 persoas o ano pasado; ou o Bono social térmico e o complemento autonómico de 100 euros, que facilita que máis de 66.400 familias fagan fronte á factura da luz e do gas.

Cáritas

Durante a visita, Fabiola García gabou o traballo que leva a cabo Cáritas Ourense a prol das persoas en situación ou risco de exclusión, a través do comedor social, o roupeiro solidario ou a través dos seus centros de formación e asesoramento para o acceso ao emprego.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad