Domingo, 22 de noviembre de 2026
El diario de Ourense y su provincia

Efectivos do Consorcio Provincial de Ourense parten cara a Valencia para axudar nas labores de emerxencia tras as inundacións

Olga Pardo 1 min de lectura

Bomberos
Bomberos

Debido ás graves inundacións causadas pola DINA en Valencia, dúas dotacións do Consorcio Provincial de Ourense partiron esta mañá cara os territorios afectados desde o Parque de Bombeiros de Verín. Estes efectivos, que colaboran coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), foron despedidos polo vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, e o xefe de sección de Emerxencias da Deputación, José Ramón Sánchez Feijóo.

As dotacións, procedentes dos parques de O Carballiño-O Ribeiro e Verín, saíron en dous vehículos 4x4 equipados con kits de bomba, material de limpeza viaria, bombas de achique, vadeadores, equipos de excarceración e iluminación, ademais de subministros suficientes para ser autónomos durante varios días. O seu destino é proporcionar apoio nas tarefas de emerxencia na zona afectada, sumándose á resposta do sistema de protección civil.

O luns 11 de novembro, está prevista a saída de outras dúas dotacións procedentes dos parques de Valdeorras e A Limia para relevar aos equipos xa desprazados e continuar coas labores de axuda.