Lunes, 23 de noviembre de 2026
El diario de Ourense y su provincia

Celia, da librería Espazo Lector Nobel, proponnos estas recomendacións de lectura para a Semana Santa

Lara Ro Actualizado 1 min de lectura

Librería Espazo Lector Nobel
Librería Espazo Lector Nobel

Coa chegada das vacacións de Semana Santa chega o momento mais esperado por moitos afecionados a lectura que poden aproveitar estos días para o comezo de novas lecturas.

Celia da librería ourensana, Espazo Lector Nobel, fainos as súas recomendacións para os lectores máis veteranos e para os máis cativos. Desfrutar dunha boa lectura sempre é un plan estupendo para os días de desconexión e o tempo en familia. Estas son as súas propostas:

"La chica más lista que conozco" de Sara Barquinero e a lectura recomendada para o público adulto: "Un texto breve e moi incisivo no que a autora explora con ironía as relacións entre intelixencia, admiración e rivalidade. Cunha prosa aguda e chea de matices, Barquinero constrúe un relato tan incómodo como revelador sobre as inseguridades dunha xeración."

 E para as crianzas, aconsellamos: "Os recordos de Moucho", publicado por Triqueta editora. Un album tenro e evocador que convida a mirar o mundo con curiosidade e imaxinación. Un libro ideal para compartir lecturas e primeiros descubrimentos.

Espazo Lector Nobel
Celia de Espazo Lector Nobel