Comunicado da CEM do PSdeG-PSOE en relación a unha posible moción de censura no Concello de Ourense

PSdeG PSOE

Reproducimos íntegro o comunicado da CEM do PSdeG-PSOE sobre a posible moción de censura no Concello de Ourense

Comunicado da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE

A comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense ao respecto dunha posible moción de censura no Concello expón a seguinte información:

1 – A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, órgano responsable a nivel local de manter as relacións coas diferentes formas políticas, non mantivo ningún tipo de contacto nin participou en ningún tipo de reunión coa nova dirección local do Partido Popular na cidade de Ourense, como xa se puxo en coñecemento da dirección nacional do PSdeG, para falar a respecto dunha posible moción de censura no Concello de Ourense. O noso partido ten un procedemento, unhas normas internas e resolucións dos seus órganos que deben ser respectados sempre. Calquera reunión que se producira a título individual neste senso non ten o aval da dirección local do partido.

2 – O único culpable da situación crítica da cidade de Ourense nos últimos case 8 anos é o Partido Popular e se Jácome está e segue aí é porque lles interesa e son cómplices. A poucos meses das eleccións municipais de 2023, despois de que fai xa máis de 3 anos o PP colocara a Jácome na Alcaldía a pesar de ser «letal para Ourense», entrara e saíra do seu goberno por irresponsabilidade e intereses particulares e partidistas.

3 –Dende a CEM consideramos que isto é unha cortina de fume promovida polo Partido Popular para blanquear a súa imaxe deplorable despois de participar e compartir unha nefasta e disparatada xestión con Jácome durante os últimos 3 anos e facer a súa campaña particular para que o seu novo candidato Manuel Cabezas se poña a chapa de intentar botar a Jácome, tentando blindarse cun hipotético acordo que agora sí lles vale para 2023 de que goberne a lista máis votada, do contrario moi probablemente daría a espantada e permitiría ao PP volver a reeditar o seu pacto con Democracia Ourensana, salvando ou pretendendo salvarlle a Deputación a Baltar. Un partido capaz de pactar con calquera forza política para acadar o poder, sempre cos seus intereses particulares e partidistas por diante.

4 – A CEM está totalmente centrada neste momento en levar adiante a nosa axenda política e estar a carón dos veciños e veciñas de Ourense, sen perder nin un minuto en nada que non sexa traballar para devolverlles a ilusión e a confianza e construír entre todos un novo proxecto de cidade renovado, ambicioso e gañador para concorrer co mellor equipo posible ás eleccións municipais en maio de 2023.

5 – A CEM reitera o seu firme compromiso co normal funcionamento do partido, respectando a xerarquía establecida, e manifestamos que, neste sentido «iremos polo libro» no cumprimento e desenvolvemento dos nosos estatutos de acordo cos órganos do partido e sempre promovendo a participación da militancia na toma de decisión importantes para o futuro da nosa organización e da nosa cidade, sexa para elixir candidatos ou candidatas de cara ás eleccións municipais ou aprobar hipotéticos pactos de goberno con outras forzas políticas.

6- A dirección local do PSdeG-PSOE de Ourense considera que os responsables do problema mol dificilmente poden ser os responsables da solución para esta cidade, cremos que o que toca agora é pensar no interese xeral da veciñanza e deixar calquer tipo de interese persoal a un lado.

É un momento moi dificil para Ourense sí, pero é hora de facer política de verdade e ter altura de miras, non todo vale.   

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad