O Concello de Ourense busca recuperar o Parque Avilés de Taramancos

Parque Avilés de Taramancos junto al Barbaña

O Concello de Ourense recupera e pon en valor o Parque Avilés de Taramancos. O goberno municipal pretende que este espazo, inaugurado no ano 2010, “comece a recuperar o esplendor que debería ter, tras o deixamento que sufriu case desde a súa inauguración”. A área de Parques e Xardíns, á fronte do cal se atopa o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, comezou a semana pasada a recuperación e a posta en valor do que debería ser uns dos parques mais emblemáticos da cidade e punto mesmo de atracción turística.

O parque conta cunha zona consagrada á auga, a través dunha lagoa de 1.300 metros que pola noite se converte nunha cortina de auga proxectada a distintas alturas, que podería estar acompañada con atracción de luces e música, que se ve desde unha bancada vitrificada estilo gaudiano. Completa o parque, arquitectónicamente falando, unha plataforma hexagonal, denominada panot Gau, cuxo mosaico reproduce un deseño orixinal do prestixioso arquitecto catalán, que está presente no Paseo de Gracia de Barcelona (e cuxo orixinal se pode ver no Museo de Arte Moderno, MOMA de Nova York). A segunda gran zona está destinada aos xogos, e nela sobresaen un tobogán de 13,5 metros e unha estrutura en forma piramidal, trenzada con cordas que alcanza os nove metros de altura. A vexetación forma outro elemento esencial no enclave. No seu momento tivo o primeiro xardín vertical de Galicia, e dos primeiros nacionais en linea curva, denominados muros babylon.

As obras que executa o Concello consistirán na reposición das bombas de impulsion avariadas, así como do sistema de iluminacion,  arranxo do rego automatico, a eliminación de pintadas e a recuperación do xardín vertical. Así mesmo estúdase a recuperación do autómata instalado e así poder ofrecer espectáculos de auga, luz e música.

Pin It on Pinterest

Ir arriba
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad