Ourense, Cousa de Meigas
Repinican as campanas; camiño d' o Cimeterio, levado ô lombo de catro que foron seus compañeiros, vai n-unha caixa postiño o calávre d' un pequeno, que mais que morto semella dormido ánxel d' o ceo, pois coroado de froles e con aliñas puxérono; e leva en cruz as manciñas, leva os lábeos entrabertos o sembrante com' a neve branco, y-os olliños pechos, e como madeixas d' ouro vánlle brilando os cabelos. Foguetes de tres estralos vai votando ...



O Maio

06 May

categoría: Literatura | 0 comentarios

Aquí ven o mayo de frores cuberto... puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o qué polo de hoxe que darvos non teño. eu són vos o probe do pobo gallego: pra min non hai maio, pra min sempre é inverno!.... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus ...



Falaréivos de min anque me doan as escuras raíces dos meus soños. Celso Emilio me chaman pero eu teño outros nomes máis irtos apuntados nun rexistro de ventos polifónicos cun fondo musical de frauta triste. Meus nomes sin palabras. Mainamente, de par en par abertas sempre as portas, espallándome vou polos camiños co corazón aceso en cen abrentes, nas maus a luz, nos ollos margaridas, e unha piedá de río ...



Non é lostrego hermoso, é luz perenne e crara a luz con qu' alomeas ¡ouh sol d' a miña pátrea! É luz que sempre brila y-o tempo non apaga. Tí alomeach' a aurora d' aterna relembranza en qu' espertou Galicia erguéndos' alentada. Tí fuch' a estrela hermosa que n-hourizonte grata un dia de ventura â pátrea ll' anonciabas. O dia xa clarexa: en huestes apretadas os fillos de Galicia â loita se porparan y-hastra cantar viutoria non pousarán as ...



O pan é máis útil que a poesía, pro ¿Cómo comer o pan sin o compango da poesía? A. S. Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo ...



Page: 1 2 3 4 5 ... 6