Ourense, Cousa de Meigas
¡Inda vou na misma meniña aquela que fogueaba sin leito! ¡Son aquela! ¡Son aquela que no bosco escuitaba o himno dela! Son aquela mañanciña, entre orballo das rosas, entre area de sendeiros, onde atopaba a campana. Caladiña eu chamaba en berros que hoxe esquezo, cando o navío de lonxe o meu mar cheo atracaba. ¡Son aquela! Son aquela tarde queda que no serán se chamaba miña aurora sin coores chea dun farto rebusco que en un xordo a ...



Aldraxados por séculos mallados e feridos, asoballados sempre, decote desvividos, pergunto qué fixeron, contesto que fuxiron da terra malpocada, sin pelexar, vencidos, abandonado o campo á furia do nemigo. Soio unhos cantos bravos a proba resistiron. Garda, matria, un loureiro prá frente distes fillos. Celso Emilio Ferreiro Cimenterio privado Castrelos - 1978 Vigo



  Fálame n-esa fala melosiña que celestiales armunias ten; fálame n-o lengoaxe d' a terriña s' é que me queres ben. Se desexas provar d' o teu cariño as tenruras, o fogo y-a pasion, probas con me chamares «amantiño» que me tes moito amor. Se ch' eu digo que fôra meu encanto, vivir sempre ond' a ti, xuntos morrer, terás dito que sintes outro tanto con escramar «¡canté!» Chámame ...



Agoiros

09 May

categoría: Literatura | 0 comentarios

Non hai noite que non veña n-un d' os loureiros d' a horta o moucho negro e sombrio a pousar n-as verdes pólas, e cando mais bufa o vento sacodindo as débres follas, cando estrala o madeirámen y-a chuvia os vidros azouta, d' un modo tan triste canta, qu'escoitálo dá congoxo. Non poiden pechar os ollos, nantronte: pra min as horas cal precesion de ...



Inverno

08 May

categoría: Literatura | 0 comentarios

Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida, dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados. Mágoa da ferida allea. Dor dos que están na cadea, dos que sofren a inxustiza e viven baixo a cobiza. Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado, soturno, fondo, calado, un río ...



Page: 1 2 3 4 ... 6