Cántiga

redacción | 26 de junio de 2007

No xardí­n unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decia:
“Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de melancolí­a
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetí­a:
“Vou morrer e non vén o meu ben!”

Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelis amador.

I ó mirar as xentí­s anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
“¡Quen pudera dar a volta – pensaba -
que pudera convosco voar!….”

Mais as aves i o buque fuxí­an
sin ouir seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetí­an:
“¡Que pudera convosco voar!….”

Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
pros que viron un barco marchar!…..

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bagoas a proba
unha cova nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.

  • Manuel Curroz Enriquez
  • 5 de Junio de 1869
  • Aires da Miña Terra outros poemas
  • Editorial Galaxia 1983