A xusticia de Goriño d’a Estrada

redacción | 30 de abril de 2007

Era un hombe escuro; como vivira morreu iñorado pol-os seus viciños, que oito dias dempois de que o meteran n-a focha, nin xiquera o lembraban.

¡Quó fará hoxe, dempois de pasaren setenta anos!

Faloume d’él un vello nado n-a Estrada e que recorda d’ouvidas í´ Goriño, pol-os contos que lle contaban as vellas n-o fiadeiro cando ainda andaba deprendeno á soletrear n-a escola.

O Goriño d’a Estrada vivia d’o seu como todol-os labregos; precuraba os bíªs qu’herdara d’os seus pais e mantí­ñase con traballo, mais non tiña moitos crebadeiros de cabeza, nin pasaba pol-as apuradas e sofocós que pasaban algús, porque campaba de solteiro pol-os seus respetos, non tendo muller nin fillos que lle comesen o pan, nin xiquera can que lle ladrase.

As suas obligaciós, com’él dicí­a, levábaas o lombo e podia ben co-elas.

Pero n-este mundo cativo ninguen se vé libre de traballos, e saiulle un veciño de porta con porta, picapreitos y aduanante, que lle deu mais disgustos qu’estrelas brilan n-o ceo n-as noites de vran.

O tal veciño era o alcalde d’a Estrada, que por aquela fací­a de xuez, ou de nembro d’a señora xusticia, de ese eme qu de gue, como acostumaba á falar o bigairo d’a vila.

O señor alcalde, como dispuña d’un anaquiño de mando, cobizaba que todol-os veciños o agasallasen sacándolle a manteira n-a rua e deixándolle un pernil, ou cousa pol o estilo que s’achegase í´ estómago, n-a casa; tal e como si fose un señor feudal con direito á recoller cánimas e cobrar alcabalas e dezmos; mais o Goriño, que non se afací­a á levar o brazo crebado, e que tiña os seus fumes de liberal, chamábase o toco n-o tocantes á sacar a monteira, e d’a sua casa n-o tocantes á carrexar regalos pr’as alleas. E como as pitas que lle cacarexaban n-o corral nunca puxeran un ovo n-a despensa d’o señor alcalde e nunca deran n-a mala maña de se deixar cocer n-o pote para serviren de prato n-a sua mesa, colleulle unha tema enrabecha í´ tal Goriño, e non tivo vagar de mais prí¨sa que facerlle a contra para ver si lograba botalo á presidio.

Pol-a promeira prantoulle un interdí­uto, n-o que o Goriño saí­u condanado con costas. «¡A promeira n-a frente!» —rosmou o Goriño rañando unha orella.

Pol-a segunda, valéndose de testigos falsos, disputoulle o directo í¢s augas d’un lameiro, e tamen perdeu o preito con costas, á maores de lle quedar o seu en seco. «¡A segunda n-a boca d’o alcalde» —escramou o Goriño maneando a cabeza, e falando d’a conta á cantos querí­an oubilo e botaban co él un vaso n-a taberna, decí­alles que o alcalde traballara tanto pra lle ganar o preito d’as augas, pol-a mor de que non lle debecese a ferraña n-o lameiro e de que non lle faltase, com’í´ burro de boa caste, a matanza n-o presebe.

O señor alcalde soub’o dito, que n-as aldeas non se fala cousa que non se sepia, colleullo por testigos, e meteuno n-unha causa criminal por desacato «¡A terceira n-o peito!» —rosmou o Goriño, e dende aquela xuroullas e fixo mentres de tomar a xusticia pol-a sua mau.

En tendo noticia de que í´ señor alcalde lle doia a cabeza, dispoñendo de cartiños o Goriño, mercaba foguetes de tres estralos e púñase á botalos dend’a solaina d’a sua casa: si non-os tiña, contentábase con meter moito barullo.

Si o alcalde saí­a, púñase á tocar un corno, e inda ben non lle ganaba unha volta cando escarrameland’os ollos e botando a monteira pr’atrás, acenáballe d’un xeito que calo, porque fora descurtesí­a decilo. Vamos, que lle faguí­a unha figa con mangas.

N-eso de xenreiras, non hay millores maestros qu’os aldeanos, y-o señor alcalde, que pouco mais, pouco menos, era d’a xeitura d’o Goriño, non se quedaba curto en amostrarlle o coraxe que lle tiña. E socedeu d’unha vez que namentres que o Goriño foi í¢ feira de Santiago, botoulle herba d’o rato í¢s pitas que touparon como castañas.

‘O volver d’o viaxe e vendo aquela estragueira n-o seu galiñeiro, deprocatándose de quen fora, botou un ¡barau! que resoóu n-as carballeiras veciñas, e dixo berrando com’un condanado: «¡Nin por esas ha d’ir o preito adiante: pr’o feito non vale a pena de pidir xusticia escribindo en papel sellado! ¡A miña xusticia háse de faguer de modo que deixe sona!»

E non falou mais nin houbo en tres dias quen vise o Goriño en ningures. Algús coidaron qu’enfermara c’o sentemento d’a morte d’as galiñas.

Por aquela eran as ví­sporas d’a festa d’a vila.

O maor d’a xusticia de Santiago tiña por costume ir á ela e parar n-a casa d’o señor alcalde d’a Estrada. Aquel personaxe de tantos perendengues montaba unha égoa de mais de sete coartas d’alzada, d’un paso d’andadura en armuní­a co-a grandeza d’o princepe d’a curia gallega e que causaba ademiracion e pasmo entr’as xentes d’a vila, d’o que non deixaba de se gabar o seu dono.

Chegou o dia d’a festa, y-o cabaleiro de Santiago non faltou. Apeóuse d’a égoa, e namentres o criado, dempois d’atala, foi a porpararlle o acomodo, paseniño, paseniño, coidando de que ninguen o vise, chegouse o Goriño í¢ besta, e c’unha navalla d’a barba arrabanoulle o fuciño d’enriba deixándoll’os dentes í´ descuberto. Dempois fuxiu pr’a sua casa, e como quen non alcontra en que pasar o tempo, púxose n-a ventana c’un pito alceso n-a boca, vendo pasar a xente e deixando cair de pouco en pouco unha galiña morta diante por diante d’o animaliño que s’alcontraba debaixo.

As xentes qu’iban e viñan escomenzaron á fixarse n-o fato de galiñas tumbadas n-o chau, e n-os dentes d’a desfociñada égoa d’o gran señor de Santiago e non fatou quen dixese con estraneza: «¡N-a miña vida outra che vin! ¡Estas bestas d’os grandes señores non fan mais que rir! ¡Cómo se conece que andan folgadas e que teñen que comer í¢ fartura!».

Estes ditos y-o run-run d’os curiosos, chegaron a oubidas d’o señor alcalde d’a Estrada e d’o gran maxistrado de Santiago, que viron pol-os seus ollos a falcatruada.

—¡Foi o Goriño, que malos lobos me non coman si non foi él quen tal fixo! —escramou o alcalde n-a cume d’a indinacion.— ¡Prendelo e que se presente diante de min! —añadiu o maxitrado tremando de coraxe.

O Goriño compareceu, manso com’unha ovella e tranquilo com’un inocente.

—¿Sabes o que fixeche? —interrogou o maxistrado poñéndoll’us ollos com’os d’as furias d’o inferno.

—Ande, como non s’esprique d’outra maneira, ansí­ Dios me salve si o entendo.

—¿Sabes en que disposicion s’alcontra a miña égoa?

—Si lle son de servicio e quere que a vexa, dempois de m’enteirar direillo, anque a miña opinio n-eso de torzós de cabalos non lle val nin migalla; xa se vé, como nin xiquera son ferrador…

—¡Pero eres un pillo!

—Como vosté conece, naide ten mais creto que o que lle queren dar.

—Tí­ fuche o que me desfuciñache a égoa.

—¡Ay Marí­a Santí­sima que cousas m’apoñen, señor maxistrado!

—¿Quéres negalo?

—¡E porque non hei de negalo, si non fun!

—¿Non sabes que a miña égoa está desfociñada e c’os dentes d’enriba í´ descuberto, de xeito que parés qu’está rindo?

—¡Acabáramos, señor maxistrado! ¡Estonces xa cayo n-a conta, estaráselle rindo d’as miñas galiñas mortas! Non s’apure, a cousa elle natural, pois non é milagre nin cousa que se lle pareza, que a besta d’o señor maxistrado (con perdon) esté rindo unha gracia d’o meu señor alcalde. Fóralle pior que non poidera reí­la como lle pasa í¢s miñas galiñas, que morreron por unha desgracia.

O señor maxistrado, caindo n-a conta d’a retranqueira, escomenzou á rir com’un tolo, namentres que o alcalde d’a Estrada dábase á todol-os diaños í´ ver a mala pasada que lle xogera o seu enemigo de sempre.

Mais tarde, e por aqueles tempos, cand’as cousas se falaron como foran, non habí­a nin curial nin preiteante en Galicia que non soupese de que casta era a xusticia d’o Goriño d’a Estrada.

Valentí­n Lamas Carvajal
Gallegada, tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña